Usted está aquí: A nosa agrupación

ADN Pesca Ribadavia

A Agrupación Deportivo Natural de pesca é a mais antiga asociación de pesca en activo do Ribeiro xa que leva rexistrada dende setembro do 1992 tendo como promotor e 1º Presidente a D. Eloy Soto ata o ano 96 cando por desgracia faleceu. A partires deste momento a coa teima de continuar a súa labor D. Jesús Matinez Pereira, conocido por todos como "Suso", asumiu a presidencia ata o outono de 2008 cando lle pediu a Gabriel Fernández que tomase o relevo tras verse enganado por unha parte dos socios que se escindiron e pasaron a outro club na comarca. Suso que foi nomeado Presidente de Honra continuou a súa gran labor promocionando a pesca deportiva de competición e de ocio, asi como os encontros entre os pescadores de toda Galicia xa que dende o ano 97 organizou con gran esforzo o Concurso de Pesca do Ribeiro que hoxe é un dos mellores de Galicia e no que se reune ano tras ano máis de 100 pescadores. Tras 4 anos como Presidente de Honra e axudando a Gabriel en todo e máis en Agosto de 2012 Suso faleceu deixando unha fonda pegada en todos os socios desta agrupación e na pesca deportiva galega en xeral. Gabriel continuou a labor de Suso ata o ano 2019, conseguiu a xestión compartida do Couto de Ribadavia (por primeira vez na súa historia) a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, incrementouse o número de socios ata chegar a 80 e conseguironse importantes resultados deportivos. A principios de 2019 e tras 10 anos no cargo, Gabriel cedeu o testigo a outro dos referentes de ADN e da pesca no Ribeiro, Roi Juan López "Chuchi", o actual Presidente que no primeiro ano conseguiu importantes subvencións que permitirán incrementar o orzamento do clube para 2020 e reforzar o apoio aos nosos deportistas e as intervencións para o coidado do Couto de Ribadavia. Entre os socios sempre estiveron e están os mellores pescadores do Ribeiro que levan conseguido moitos éxitos deportivos. Ademáis somos unhos grandes defensores das nosas especies autóctonas e dos ríos do Ribeiro, sobre todo o noso Avia, referente da pesca da troita onde aprendemos e vivimos os nosos mellores momentos de pesca e amizade.