Como facerse socio
Para facerse socio da Agrupación Deportivo Natural de Ribadavia soamente hai que enviar unha solicitude a gabriel@adnpescaribadavia.es e pagar a cuota de alta e a cuota anual establecida. Desde 2025 temos unha cuota de alta de 50 € e as cuotas anuais para 2026 son de 35 euros para maiores de 18 anos e de 10 euros ata os 18 anos. Estas cuotas inclúen a expedición da licencia federativa que é o que utilizamos como "carnet de socio" e que ademáis de ser necesaria para participar en competicións ten un seguro de accidentes completo.







